29M: O estudantado galego en pé


“Aquí está, aquí se ve, o estudantado galego en pé”; “Onde están? que non se ven, os postos do traballo do PP”;  “Queremos xente que pase polo aro”; “Así despedían, así, así. Así despedían, así, así. Así despedían que yo los vi”. Estes foron algúns dos cánticos que se deixaron sentir na manifestación que percorreu as rúas de Santiago de Compostela. A marcha iniciaba os seus andares ás 12:45 dende a praza Roxa para rematar ás 14:00 na praza da Quintana.

Segundo os datos aportados polo sindicato da CIG, na Universidade comspotelana rexistrouse un 100% de paro na xornada de hoxe, así como preto dun 90% en primaria e secundaria. E aínda que na manifestación podiamos atopar dende cativos cos seus pais ata xente maior, o que non se pode negar é que a xente nova representaba unha porcentaxe moi significativa dos asistentes, por non decir a gran maioría. Un feito que de novo pon de relevancia a importancia e o compromiso da xuventude nas reinvindicacións polos dereitos humáns e dos traballadores.

Unha vez chegados á praza da Quintana, tras varias intervencións dos sindicatos, o himno galego resoaba na zona vella para concluír esta xornada de folga ás 15:00 horas. Aquí quedan as imaxes do día de hoxe, testemuñas da marcha na capital e de que o estudantado galego segue en pé.

Pero se houbo unha cidade galega na que a asistencia foi masiva, esa foi Vigo, onde se estima que entre 150.000 e 200.000 persoas secundaron a folga xeral, tendo 300.000 habitantes a cidade olívica. Neste vídeo podedes ver unha ínfima parte do que supuxo a manifestación alí.

Anuncios

Acerca de Carolina Sertal
Xornalista

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: