Odiadas Letras Galegas

“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño”

Paz Andrade, 2012

“Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou en Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua”

Lois Pereiro, 2011                                                                                                                                                                                                                                                                                                                             

“Ondas do mar de Vigo, se vistes ao meu amigo? E ai Deus, se verrá cedo? / Ondas do mar levado, se vistes ao meu amado? E ai Deus, se verrá cedo? / Se vistes ao meu amigos por quen sospiro?  E ai Deus, se verrá cedo? / Se vistes ao meu amado, por que hei gran coidado? E ai Deus, se verrá cedo?”

Martín Codax, 1998

“Un escritor do noso tempo que non tome partido, parécenos un hipócrita, un infrahome, un suxeito repugnante. Prodúcenos o asco dunha cousa morta; pero non morta nunha final momificación, xa mineral, senón nese punto de vida repelente, de vida-morte, que hai no corrompido, no pútrido, no que, xa morto, vive vida prestada e apestosa”

Blanco Amor, 1993

“Unha lingua é boa cando sabe a pan… cando sabe a pan fresco”.

Cunqueiro, 1991

“… o galego vive, fálase polas catro quintas partes da poboación, i áchase hoxe nunha das súas épocas de maor florecemento literario, convertíndose en instrumento de espresión científica e de produción filosófica”

Vicente Risco, 1981

“Se no abrente deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en tódalas direccións, asistiríamos a marabilla duna mañá única. Dende as outras planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de pineirais; dende as serras nútricas do Miño e a gorza montañosa do Sil até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas de entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Coruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o cume do Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria…”

Castelao, 1964

“Ti, a feiticeira e branca como as neves, i a linda antre as millores; ti, arredor de quen, cal as abellas a redor dunha rosa andan os homes (xente que ao mesmo acaso que as mulleres é dada a toda crase de traiciones); non queiras xamáis, si es queridora, non dones en xamáis, mais que te donen; si é que te firen, miña prenda, ríte; si é que te engañan, meu amor non chores. Ve que pasóu o tempodas Corinas i o máis que hora se sofre, só porque non se diga, e rabiar canto ún pode. -¡Rabiar nomáis…, dixera que mentides! -Sí,sí, rabiar ben forte; mais ca rabia picante e aguilloeira que é salsa apetitosa das pasioes. ¿Qué fora, ¡ou, Dios! sen os asentes feros dos estómagos pobres? Dos corazós, do día, ¿Qué fora sin as rabias, meu amore?”

Rosalía de Castro, 1963

Anuncios

Redondela vese en curtas

Se hai algo que caracteriza á vila dos viaductos é a cantidade de actos culturais que amenizan as fins de semana.  Dende un Festival internacional de Títeres, ata o Entroido de verán, pasando polo festival de música alternativa o Millo Verde, por Artistas na rúa e  unha longa programación englobada nas denominadas Noites Máxicas de verán, así coma as festas de longa tradición coma son a do Choco e a do dragón a Coca. Que vou dicir eu, que son de alí, da vila, obviamente só podo falar ben, pero hai un festival ao que lle teño especial cariño e ese é o Festival nacional de Curtametraxes, o Redondela en Curto.

A semana pasada, do 26 ao 29 de abril, celebrouse a oitava edición do festival. A pesar de que non puiden asistir á proxección de todos os bloques, unha vez máis o evento deixa un bo sabor de boca. Para aqueles que non coñezan dito festival direi que cada ano centos de curtametraxes chegan á vila para ser proxectadas no Multiusos da Xunqueira. Redondela en Curto divídese en 4 bloques que á súa vez se divide en 4 curtametraxes que acumulan unha hora de duración. Nesta edición as curtas afortunadas foron El barco pirata (gañadora dos premios Goya no 2011), Lo estipuladoAhora no puedo,  Matar a un niñoVanuatu o la felicidadMemoryEntrevistaLa casa del lagoAlgo quedaEl punto rojoEl club del bromista e Pecera.

Dentro da programación tamén hai espazo para as extravagancias dos directores, os delirios dos guionistas e as loucuras dos produtores, deste xeito inclúese unha sección alternativa que se proxecta de forma gratuita nun dos bares da vila, na Disco Tasca. Unha sección na que se pode desfrutar de curtas, digamos sen definir. Pero aqueles apaixonados do cinema tamén poderán desfrutar de “máis minutos”, un espazo incluído no festival no que se soe proxectar unha película documental, este ano foi a de “23”, unha película que conta a testemuña de 23 galegos que formaban parte das listas negras a noite do 23 de febreiro de 1981 e como é a súa vida 26 anos despois.

Este proxecto cultural comezou hai 8 anos e se xa o ano pasado facía historia sendo o primeiro festival nacional de curtas que emitía en alta definición, o 2012 lévase a palma con máis de 500 curtametraxes presentadas a concurso.  É por isto que os aficionados do pequeno formato non poden deixar de acudir cada ano a Redondela para asistir a un dos festivais que cada vez máis se sitúa como dos primeiros a nivel nacional. O director do festival, Fernando Carreira, máis coñecido entre os redondeláns como “Cuchi”,  destacou este ano a gran participación, así como a calidade dos traballos recibidos e tamén a escasez de producións galegas, cando outros anos non fallan á cita. É importante sinalar que a maioría das curtas proxectadas teñen sido galardoadas en certames nacionais. Na entrega de galardóns recalcouse a gran asistencia de público, sobre todo, “xente de fóra da vila” que puideron facer do evento un espazo moito máis acolledor.

Haberá que esperar un ano para volver á cita cinéfila, ou quizais os organizadores se animen a proxectar na rúa unha sesión neste verán para os que non podemos esperar tanto. Como ben sinalaba Cuchi no acto, “temos moitas ideas que aínda están por perfilar”, entre elas atópase a posibilidade de ter bloques de 6 curtas e non de 4, ou mesmo establecer unha única sección de animación, un xénero que seguro non deixaría indiferente a ninguén, e dende o meu punto de vista persoal, un sector con moito potencial que aínda está por explotar.

De momento os que se levan un bo recordo do evento son Morir cada día e Voice over curtas gañadora do premio do xurado, e por outra banda Matar a un niño, como curta gañadora a elección do público. Déixovos aquí unha das proxectadas nesta edición, Pecera,  unha curta cunha temática moi recurrente e de máxima actualidade: o traballo. Espero que na 9º edición vos animedes a pasar unha tarde de cine por Redondela.

Un cajón de sastre

Hoy se celebra el Día Internacional del Trabajo. Trabajo, ¿qué es eso? En España cada vez son más los que probablemente se hagan esta pregunta, entre los cuales me incluyo. Creo que todavía no soy muy consciente de la que se me viene encima, pero ayer, mientras ultimaba un reportaje sobre el trabajo y las empresas de trabajo temporal (ETTs) para publicar hoy, me daba cuenta de que cuanto más caracteres escribía más deprimente era mi estado de ánimo.

Recurriendo a datos del Instituto Nacional de Estadística (INE) y del Instituto Galego de Estadística (IGE) encontramos una realidad que pone los pelos de punta. Citando unos párrafos del reportaje:

“El primer trimestre del 2012 ha sido el peor de los últimos tres años, con 365.900 parados más que en el último cuatrimestre del 2011, y 729.300 más que hace solo un año. Las 5.639.500 de personas sin trabajo hacen que la tasa de paro se sitúe ya en el 24,44 % de la población activa.

Y en Galicia tampoco estamos para celebraciones. El Instituto Galego de Estadística sitúa la tasa de paro en la más alta desde hace 18 años: un 20,2%. Nunca ha habido tantos parados, en concreto 265.600 personas no tienen trabajo en la comunidad…”

Pero bueno, de datos estamos más que hartos, cansados de que nos digan que estamos en crisis, de que entramos en recesión, de que, hablando claro, el país se va a la mierda. Pero si bien digo que este país no tiene motivos para celebrar el primero de mayo, debido a que no hay trabajo, creo que sí los tiene para luchar por sus derechos, por el derecho a tener un empleo y que este sea digno,  por el derecho a unas condiciones laborales decentes, por el derecho a un salario digno también, y valga la redundancia, por el derecho a nuestros derechos.

“La gran mayoría  de las personas que acuden a nuestra oficinas como demandantes  de empleo, suelen ser receptivos a realizar distintos tipos de trabajo, independientemente de su experiencia”.

“Otro de los cambios que se están derivando de un contexto de crisis es que el perfil de los usuarios varía. Si bien en un primer momento, la mayor parte de los candidatos que acudían a empresas como Adecco eran estudiantes, jóvenes o personas en busca de su primer empleo, ahora la realidad es otra. “Los problemas actuales en la economía han hecho llegar a nosotros un volumen importante de nuevos perfiles. Amas de casa, mayores de 45 años, profesionales de oficios y hasta directivos son la tónica general, hecho que resalta en comparación con los perfiles profesionales de los anteriores usuarios”, puntualiza la representante de Adecco”.

Señores, esta es la realidad de nuestro país. Creo que mi futuro no dejará de ser un cajón de sastre (o desastre), como el de los casi 6 millones de parados, un cajón de sastre abierto a cualquier tipo de empleo, porque eso de hacer periodismo, creo que lo dejaré para mi tiempo libre. Las empresas se valen de los becarios, ya que por el sueldo de un trabajador le dan prácticas como a 5 o 6 becarios ¿me equivoco? “Es experiencia”, “me pagan poco, pero por lo menos estoy haciendo algo”, “no me pagan, pero es experiencia”, habréis oído. Somos jóvenes, pero nos piden años de experiencia para entrar en cualquier trabajo ¿Alguien me puede decir cómo vamos a tener esos 2 o 3 años de experiencia si nadie apuesta por nosotros? ¿Nadie?

¿Lo de emigrar? Otra puerta que dejo abierta. Cada día me da más vergüenza decir que vivo en España: censura, recortes en Sanidad y Educación, puro acoso y derribo a los medios,… No están privando de derechos tan básicos y primarios que ya no sé que más queda les por hacer.

Por último os dejo un par de preguntas para que reflexionéis y que no puedo evitar hacérmelas cada día de gobierno ¿Qué pasa en este país que solo se sale a la calle cuando “La Roja” gana el Mundial o la Eurocopa?, ¿Qué pasa en este país que la gente solo se indigna si su equipo de fútbol juega mal?, ¿Qué pasa en este país que nos callamos y nos quedamos en casa, mientras nos aprietan el cinturón y se aflojan los tirantes?