Memories of Dublin
17/01/2012 4 comentarios
Aquí vos deixo varias estampas dunha cidade moi especial para min. Cada unha destas imaxes retrata as costumes irlandesas, a súa xente, as súas rúas… Recunchos de Dublín que vos trasladarán ao ritmo de vida da capital irlandesa.
Que sería das súas rúas sen a presenza dun dos símbolos nacionais: a arpa.
Os murais que adornan algunhas casas gregorianas, máis recorrentes en Belfast, froito da expresión obreira.
Os espectáculos de cantautores ou grupos musicais amenizan cada día a rúa principal de Grafton Street.
Aproveitar cada raio de sol para pasear ou tumbarse no céspede dun dos xardíns principais, o de St. Stephen´s Green.
A lanterna por excelencia que alumea as noites da cidade ou o punto de referencia para orientarse polo día.
Un simpático personaxe invita a desfrutar dun xeado sen importar que as nubes ameacen treboada.
Diferentes cores decoran as portas, dotando de personalidade a cada fogar.
O temple bar, imprescindible visita ao intercambio cultural da zona.
Descansar no medio dunha das tradicionais pontes da cidade para observar o atardecer.
E brindar con cervexa negra por volver algún día a unha cidade que non deixa indiferente a ningún dos que a visita.