“Creo que o xornalismo deportivo está francamente en crise” Entrevista con Terio Carrera

‘Que é o deporte? Do xogo ao espectáculo e do espectáculo ao negocio?’. Así reza o título da conferencia que compartirán o ex ciclista galego, Óscar Pereiro, e o xornalista da TVG,Terio Carrera, o próximo 26 de xaneiro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. É unha realidade que os conceptos deporte e espectáculo camiñan da man, para aportar unha visión profesional sobre o panorama deportivo na actualidade, o Seminario de Comunicación Deportiva ‘A transmisión de valores desde a información deportiva’, organizado pola entidad Aurea 5.0 xunto coa propia facultade, invita aos poñentes a aportar a súa impresión persoal. O xornalista da televisión galega compartíu connosco a súa opinión en torno ao circo mediático que ameaza ao deporte e sobre a evolución que experimentou a figura do xornalista coa transformación do deporte en espectáculo e negocio.

Xa que forma parte do título da conferencia, pregúntoo directamente: Que é o deporte?
É una necesidade do ser humano, algo que debe formar parte, especialmente nos cativos e nenos, é un elemento máis da formación, una maneira de vivir e algo que debe estar sempre presente no día a día do ser humano.

Hoxe en día concíbese o deporte sen o espectáculo?
Si porque aínda mantemos a distancia entre os que son deportistas e os que amosan a súa paixón por un equipo, por exemplo. Hai xente q sae a correr todos os días, vai en bici e non son ciclistas, e logo está a vertente de a persoa como espectador que asume o espectáculo deportivo. Se buscamos a élite, obviamente non hai deporte, hai espectáculo con intereses comerciais e empresarias. Neste aspecto o que perdeu o deporte de élite foi a esencia e a filosofía de valores, pero afortunadamente creo que cada día a xente é máis madura e distinguen o que é practicar un deporte para o seu benestar persoal da parte do afecionado a un deporte en particular.

Podes continuar lendo a entrevista en na web de Santiagosiete

Anuncios