Cíes, paraíso maltratado

Recén chegada de pasar catro días estupendos nas illas Cíes, volvo relaxada á vez que indignada. Cando un turista decide viaxar ata esta bonita paraxe da ría de Vigo leva en man unha pequena bolsa de plástico, así como un folleto explicativo sobre o que atopará neste Parque Nacional. E vou ao gran, no epígrafe ‘Consellos e seguridade’ atopamos o seguinte:

  • Leve unha bolsa para os seus residuos, que deberá depositar fóra do parque, pois nas illas non hai pequenos colectores.
  • Circule só polo camiños destinados ao seu uso público.
  • Non se achegue demasiado aos acantilados, é perigoso.
  • Atenda ás indicacións de guías, vixilantes e gardas.

Coido que as normas son bastante claras. Ben, semella que non o son tanto para determinadas persoas que coincidiron estes catro días comigo nas illas. 

Se ben esperaba atopar un remanso de paz, en canto pisei o peirao as miñas expectativas caeron en picado: illas masificadas. Seica a Xunta vai investigar (futuro) ás navieras para controlar que non excedan o número de persoas establecido. Unha vez máis, o vello conto de cada verán. O penúltimo día da miña estancia no balcón do Atlántico daba gusto ver as colas kilométricas que ateigaban o embarcadoiro e os barcos a tope, nin que foran facer as Américas. 550 persoas nun, botemos contas de todas as viaxes que fan ao día e a ver se estamos por debaixo, ao límite ou un pelín por riba.

Praia de Rodas

Praia de Rodas

Seguimos de escapada. Sorte que eran as 9.15 da mañá e había un carro no peirao esperando por medio centenar de campistas. Aquí a experiencia vale ouro. Collémolo nós. Os outros carros dispoñibles están mellor aparcados no camping, pois aqueles aos que lles fixo o servizo de levar a tenda, as neveiras e mochilas, non pensan que o ideal é levalo de volta e deixalo no lugar no que o atoparon, pois outros campistas veñen tan cargados como eles. Eu enténdoos, son 15 minutos volvendo sobre os seus pasos co carro baleiro.

Nada máis chegar ao espazo habilitado para a acampada, aqueles que saiban ler fixaranse nos carteis que indican que as bolsas do lixo deberán, ou ben manterse no interior das tendas ou ben depositalas nos colectores, en definitiva, o que faría calquera persoa cun mínimo de senso común. Mais non sei se por falta de civismo ou quizais analfabetismo, non son poucos os que deixan as bolsas plásticas atadas na porta da tenda, ás árbores ou aos tendais improvisados. E ben cheas, iso si, cotizado manxar para as gaivotas do lugar, a merda remata espallada entre as tendas dos demais.

E ai… ai as gaivotas! Eses animaliños dos que non son nada devota, mais son quen de comprender que están no seu fogar. Son sucias, ladroas, e barulleiras as que máis, pero en todos estes anos nunca tivemos ningún incidente con elas. Basicamente, porque…

a) deixámolas en paz  b) non lles botamos comida c) non as ameazamos

Normal que lle rouben a comida a aquel que lla pon diante do nariz, que parvas non son. Normal que vaian por ti cando lles tiras a dar un cubiño de xeo ou se te achegas demasiado aos seus poliños, e tamén normal que entren na tenda cando deixas a comida ben á vista e a porta entreaberta convidándoas a pasar, así, sen máis.

20150614_172130

Illa de Monteagudo

Podería seguir enumerando a cantidade de barbaridades e irresponsabilidades que vimos alí este ano e o texto non tería fin. Dende un neno facendo caca na praia da Nosa Señora e a nai tapándoa coa area, ata un tampón nunha ducha, cisternas ateigadas (e non por falta de limpeza, senón por guarrería da xente), sendeiros abertos saíndose do roteiro establecido, un pai co seu fillo baixando do espigón polas rochas na zona de mar aberto para coller caranguexos, etc… en definitiva, o noso paraíso maltratado.

Se os visitantes que van as Cíes non levan educación da casa, haberá que darlla. Se non saben ler, alguén terá que mantelos informados das normas do Parque. E se non fan caso, chegados a este punto, considero que algún debería plantexarse a opción de incrementar a vixilancia e mesmo impoñer certas sancións, por exemplo ‘dinerito’, que iso é o que doe, a esta xente que non valora un dos grandes tesouros da ría. Coidemos o noso e ensinemos a respectalo, porque se non somos nós, é máis que evidente que non, non serán os de fóra os que o fagan. E polo que vexo, non son a única que pensa así.

Anuncios

“Tus prejuicios son las voces de otros”

Hace un par de días, en el recinto ferial de Vigo, la Policía Local  llevó a cabo una exhibición ante la atenta mirada de niños y niñas de numerosos colegios de la ciudad. En el espectáculo se incluían desde motoristas acrobáticos hasta simulaciones relacionadas con la seguridad. En una,  un perro olfatea a varios sospechosos de portar droga hasta que localiza al que la lleva, y en otra se representó la escena de un robo. Hasta aquí nada fuera de lo normal (bueno sí, me gustaría saber conducir una moto para hacer acrobacias en ella por la calle y comprobar cuánto tiempo tardan en llevarme al calabozo). Lo curioso es que para la policía, el Concello o la cabecita pensante que redactó el guión, el concepto “ladrón” va asociado a una característica que hasta ahora yo, pobre ignorante, desconocía.

En este vídeo pueden comprobar esa nueva característica.  Al parecer, los nuevos ladrones no son solo personas que hurtan o roban, además tienen una etnia predeterminada: son gitanos. Conocer antes de juzgar. Lector, me pregunto cuántas veces no habrás hablado mal de tal o cual persona sin conocerla. Me pregunto también, cuántas veces te has arrepentido de tus prejuicios después de intercambiar un par de palabras con ella. Me pregunto si alguna vez te has parado a pensar cómo te sentirías si la situación fuera a la inversa. Me pregunto, si tú conduces tu vida o te dejas llevar por lo que te digan los demás.

Les propongo un ejercicio de reflexión ¿Usted diría que es una persona “normal”? ¿Cómo lo sabe? ¿Qué es lo normal? Sinceramente, yo no lo distingo. No quiero darle lecciones de moral a nadie, como todas las personas, alguna vez he hablado de más sin conocimiento previo. Pero una vez que somos conscientes de ello, tenemos el poder de decisión, decidir si cambiamos o continuamos en el mismo error. Nosotros somos los que decidimos si estos son los valores que queremos enseñar a los adultos del mañana.

 

España es el país de Europa occidental que concentra la mayor comunidad gitana: en algún lugar entre  650.000 y 900.000 gitanos son residentes en el país. Son muchos los que intentan abrirse camino, algunos quieren estudiar y otros tener un trabajo como cualquier persona. Me gustaría poder decirle al gran guionista de la secuencia del robo en Vigo que sí, los gitanos roban, también roban los españoles, los ingleses, los alemanes, los franceses, los americanos, los políticos, los magnates de la banca, los señores trajeados…

En Europa viven entre 10 y 12 millones de gitanos: más que en ninguna otra parte del mundo. La romaní es la mayor minoría étnica del viejo continente, y el grupo más marginado y vulnerable. Según varios datos recogidos por el Centro Europeo para los Derechos Romaníes, desde 2008, en Hungría se han producido 45 ataques violentos contra gitanos, 9 acabaron en asesinato. En la República Checa al menos 7 agresiones, una de ellas le ocasionó a una niña gitana quemaduras en el 80% de su cuerpo. Han habido ataques en Italia, en Eslovaquia, en Irlanda, en Turquía…

Ah! Y otra pregunta que me inquieta, ¿cuándo aprenderemos que lo diferente no es malo? ¿Cuándo aprenderemos que la discriminación por raza, sexo o religión es una de las lacras que consumen a esta sociedad? Y sobre todo, ¿por qué tenemos miedo a lo desconocido?

Según el Concello de Vigo “no existía intención de ridiculizar o menospreciar al colectivo”, más valdría que hubieran callado y otorgado, porque confirman el gran prejuicio hacia la comunidad gitana. En muchas ocasiones, el colectivo gitano se ve obligado a mentir sobre su procedencia para optar a un trabajo, por ejemplo. Pues están las cosas como para ir gritando a los 4 vientos: “Yo soy español, español, español”…  Cierto, me olvidaba que es tiempo de Eurocopa.

29M: O estudantado galego en pé

“Aquí está, aquí se ve, o estudantado galego en pé”; “Onde están? que non se ven, os postos do traballo do PP”;  “Queremos xente que pase polo aro”; “Así despedían, así, así. Así despedían, así, así. Así despedían que yo los vi”. Estes foron algúns dos cánticos que se deixaron sentir na manifestación que percorreu as rúas de Santiago de Compostela. A marcha iniciaba os seus andares ás 12:45 dende a praza Roxa para rematar ás 14:00 na praza da Quintana.

Segundo os datos aportados polo sindicato da CIG, na Universidade comspotelana rexistrouse un 100% de paro na xornada de hoxe, así como preto dun 90% en primaria e secundaria. E aínda que na manifestación podiamos atopar dende cativos cos seus pais ata xente maior, o que non se pode negar é que a xente nova representaba unha porcentaxe moi significativa dos asistentes, por non decir a gran maioría. Un feito que de novo pon de relevancia a importancia e o compromiso da xuventude nas reinvindicacións polos dereitos humáns e dos traballadores.

Unha vez chegados á praza da Quintana, tras varias intervencións dos sindicatos, o himno galego resoaba na zona vella para concluír esta xornada de folga ás 15:00 horas. Aquí quedan as imaxes do día de hoxe, testemuñas da marcha na capital e de que o estudantado galego segue en pé.

Pero se houbo unha cidade galega na que a asistencia foi masiva, esa foi Vigo, onde se estima que entre 150.000 e 200.000 persoas secundaron a folga xeral, tendo 300.000 habitantes a cidade olívica. Neste vídeo podedes ver unha ínfima parte do que supuxo a manifestación alí.